LA PANIFICADORA ESTUDIOS

ACTUALIZACIÓN E MELLORA  DE EQUIPACIÓN PARA NOVOS FORMATOS DE SON INMERSIVO

Axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da Industria Cultural e Creativa Galega, ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega.

Operación financiada pola Unión Europea, a través do

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), 

como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

PROGRAMA OPERATIVO

FEDER GALICIA

2014-2020

MEMORIA TÉCNICA DO PROXECTO

O mundo da imaxen e o son están a experimentar unha enorme transformación no modo en que
os contidos son creados, producidos, distribuidos e consumidos. Xa non só se consume de
maneira inmersiva no cine, se non que a través de novas tecnoloxias, estamos a chegar o
espectador mediante os novos medios de difusión, plataformas de video por demanda, podcasts

ou sistemas VR/AR (Realidade Virtual / Realidade Aumentada).

Todas estes sistemas de difusión utilizan diferentes tecnoloxias de cara o son, dende sistemas
multicanle discretos, a sistemas como o Dolby Atmos, formatos binaurales, ambisónicos… Para
poder producilos é necesario tanto inovar na forma de captar o son como o modo de traballalo
na posprodución. E neste punto é onde fai incapé o proxecto de mellora que plantexamos, o cal
nos permitirá poder traballar en futuros proxectos nestes inovadores formatos e nos fará máis

competitivos como estudio de son.

Esta mellora se plantexa nos diferentes puntos da produción de son, tanto na captación de son

directo como na posprodución.